Non hai moito demos conta das pimeiras filtracións de Venice, o novo smartphone de Blackberry que destaca por vir con Android no canto do seu propio sistema operativo. Hoxe atopámonos con estas tres imaxes que amosan o dispositivo con moita máis nitidez e que fan prever que a súa presentación podería adiantarse.
No apartado de especificacións, atendendo ao que se ten filtrado, estaríamos a falar dun trebello con pantalla QHD de 5,4 polgadas (2560 x 1440 píxeles). No interior teríamos un procesador Qualcomm Snapdragon 808 acompañado de 3 GB de memoria RAM, mentres que no apartado multimedia apostarían por cámaras de 18 e 5 megapíxeles para traseira e frontal, respectivamente.
Que tal pinta vos ten?