LG viaxa á IFA de Berlín cargada de novos trebellos. Un dos últimos que coñecemos foi o LG Rolly, un peculiar teclado sen fíos e enrolábel que serve de accesorio a practicamente calquera smartphone ou tablet.
Como podemos ver nas imaxes e no vídeo promocional, incorpora un teclado físico completo fabricado en policarbonato. As teclas están situadas sobre unha pequena manta branda, o que permite o seu enrolado para resultar máis compacto e cómodo de mover.
É resistente a golpes e se conecta a través de Bluetooth 3.0 a outros dispositivos. Ademais, neste senso, é capaz de traballar vencellado a 2 trebellos a o mesmo tempo. A súa automía é de 3 meses e funciona a pilas.
Agora só queda saber canto custará este xoguetiño e cnado estará dispoñíbel. Por aquí xa temos ganas dun par deles! 😉
¡Moi interesante! Teño ganas dun teclado para o tablet, tele e play station (non sei se será compatible con estas últimas). Pregúntome se haberá límite de peso para o tablet.
Se sube dos 50€ xa se vai do que tiña pensado. Por 30 existen opcións máis baratas aínda que menos bonitas.