LG Rolly, o novo teclado enrolábel LG

LG viaxa á IFA de Berlín cargada de novos trebellos. Un dos últimos que coñecemos foi o LG Rolly, un peculiar teclado sen fíos e enrolábel que serve de accesorio a practicamente calquera smartphone ou tablet.

LG Rolly - 1

Como podemos ver nas imaxes e no vídeo promocional, incorpora un teclado físico completo fabricado en policarbonato. As teclas están situadas sobre unha pequena manta branda, o que permite o seu enrolado para resultar máis compacto e cómodo de mover.

LG Rolly - 2

É resistente a golpes e se conecta a través de Bluetooth 3.0 a outros dispositivos. Ademais, neste senso, é capaz de traballar vencellado a 2 trebellos a o mesmo tempo. A súa automía é de 3 meses e funciona a pilas.

Agora só queda saber canto custará este xoguetiño e cnado estará dispoñíbel. Por aquí xa temos ganas dun par deles! 😉

Sobre o autor

One Response

  1. Rubenix 1 Setembro, 2015 Responder

Reply