Malia ter sido preanunciado no Mobile World Congress, o Huawei Watch fíxose agardar moito. Aproveitando a súa presenza no IFA, a compañía chinesa vén de anunciar cun breve comentario que desde hoxe está dispoñíbel en Europa a través de diferentes tendas.
Haberá un total de 4 versións, que terán os seguintes prezos:
- Modelo clásico: 399 €
- Modelo con correa en metal: 449 €
- Active: 449 €
- Elite: 699 €