O Chromebook R11 de Acer tamén é un convertíbel

acer r11 CB ifa15 02

Acer acaba de presentar o seu primeiro convertíbel equipado con Chrome OS, o Chromebook R11. Esta equipa, incorpora como novidade a posibilidade de xirar 360 graos a pantalla e usar como se fose unha tablet. O peso total co conxunto son 1,25 kilos. O hardware, o habitual nestas equipas: procesador Intel, 4 GB de RAM e 32 de almacenamento interno.

acer r11 CB ifa15

Contamos cunha pantalla de 11,6″ de resolución HD que ofrece un bo ángulo de visión. En canto á conectividade destacamos a presenza dun porto USB 3.0, conexión wireless ultrarápida 2×2 MIMO 802.11ac. Ademáis contamos cunha webcam con HDR.

acer r11 CB ifa15 03

O prezo recomendado é de 299€ e estará no mercado do noso país en outubro.

Sobre o autor

Reply