Logo de ter coñecido todos os detalles do novo Samsung Gear 2, o vídeo que abre este artigo serve para ver un pouco máis de preto como é novo dispositivo de Samsung e coñecer algunha das posibilidades que ofrece ás usuarias.
Ademais, a compañía surcoreana traballou man a man con deseñadores como o italiano Alessandro Mendini para desenvolver accesorios personalizados, como correas e esferas de reloxo, que fomentarán que cada quen poida desenvolver un estilo propio e estarán dispoñíbeis no momento en que se poña á venda.
Que vos parece o novo reloxo de Samsung? Cumpre coas vosas espectativas?