Street View xa conta con aplicación propia e separada de Maps

Cantas de vós non empregastes o Street View de Google Maps cando estamos a planificar unha viaxe? Eu o primeiro. Cando pensamos a onde ir, que ver,… en definitiva que nos imos atopar nun lugar que non coñecemos, Street View ten a resposta a esas dúbidas.

Esta funcionalizade dentro de Google Maps, vén de acadar o recoñecemento que merece, emancipándose da aplicación de mapas para estrear a súa propia aplicación.

street view 02

Como novidade, a app permítelle ás usuarias subir fotos en 360º ben sexa se dispoñemos dun cámara con esta capacidade vencellada ao smartphone, ou usando o xiroscopio do noso terminal.

street view 03

Nalgúns casos xa poderedes descargar a aplicación e noutros aínda non, pois está chegando pouco a pouco, pero a curto prazo terémola dispoñíbel nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply