Asus VivoStick (ou como levar un ordenador nun ‘pincho’)

asus vivo stick

 

Entre as moitas novidades que Asus levou ao IFA de Berlín, sorprendeunos este “ordenador de peto” chamado Asus VivoStick. Semellante a outros dispositivos que xa temos visto, pero aínda máis compacto, o VivoStick conéctase a través de HDMI a calquera pantalla ou televisor, facendo desta un ordenador con Windows 10 Home.

Incorpora un procesador Intel Trail con 2 GB de RAM e 32 GB de memoria interna. Ademais do porto HDMI tamén ten dous protos USB (un deles 3.0), jack 3.5 de audio e conectividade WiFi e Bluetooth 4.0.

Estará dispoñíbel por 129 euros, uns 100 euros ao cambio, mais non temos asegurado que se vaia comercializar en Europa.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply