O último teléfono de Siemens presentouse hai 7 anos, por iso causa certa sorpresa o seu regreso a esta área tecnolóxica, aínda que o fará como Gigaset, logo de que fose mercada por Arques Industries.
A nova serie Gigaset ME está conformada por 3 dispositivos con diferentes prestacións:
- Gigaset ME Pure: é o modelo máis sinxelo. Incorpora unha pantalla FHD de 5 polgadas, procesador Snapdragon 615, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenaxe interna, cámaras de 13 e 8 megapíxeles e batería de 3320 mAh. Custará 349 euros.
- Gigaset ME: tamén integra unha pantalla FHD de 5 polgadas, aínda que neste caso vén cun procesador Snapdragon 810, 3 GB de RAM, 32 GB de memoria interna, cámaras de 16 e 8 megapíxeles e batería de 3000 mAh. O seu prezo, 469 euros.
- Gigaset ME Pro: orientado ás usuarias máis exixentes, o Pro comparte as prestacións do ME, mais cunha pantalla FHD de 5,5 polgadas, batería de 4000 mAh e cámara frontal de 20,7 megapíxeles. Ten un PVP de 549 euros.
Todos eles traballan con Android 5.1 – Lollipop, dispoñen de conectividade 4G e incorporan un lector de pegadas dixitais na parte traseira.


