Vodafone vén de anunciar o lanzamento de ‘Últimos siete días’, un servizo asociado á oferta de televisión que permite ás usuarias acceder a toda a programación emitida durante a última semana nunha selección de canles.
O servizo é semellante ao rebobina de R, e está composto por 40 canles que se integran na oferta habitual. Polo de agora poden disfrutar del o 60% das clientas da compañía, unha cifra que subirá até acadar o 100% en novembro, e está dispoñíbel para as usuarias dos paquetes Extra ou Total.
Considerádelos necesarios?