Woxter QX-78: a tablet que só custa 49 €

woxter QX78

É complicado atopar smartphones e tablets por baixo dos 100 €, pois é unha barreira que fica no límite do prezo custe. Porén, hai algunha marca que se atreve a lanzar produtos nesas ganas, dispositivos moi básicos pero que poden ser de utilidade para algunhas usuarias, como o Woxter QX-78 do que vos falamos hoxe, que se vende por 49 €.

O trebello incorpora unha pantalla LCD de 7 polgadas, con formato 16:9 e resolución 1024 x 600 píxeles. No interior vén cun procesador Quad Core con arquitectura Cortex A7, 1 GB de memoria RAM e memoria interna de 8 GB (ampliábeis mediante microSD de até 32 GB).

Vén con dúas cámaras idénticas na parte frontal e traseira de 2 megapíxeles, batería de 2300 mAh e posibilidade de usar un USB 3G para aumentar a conectividade, alén da WiFi e Bluetooth xa incluídas de serie.

A tablet xa se pode mercar nos puntos de venda habituais por 49 € en diversas cores.

Sobre o autor

Reply