En maio Oppo presentou o Oppo R7 e unha versión vitaminada deste, o Oppo R7 Plus, trebellos que se enmarcan na gama media – alta que está a caracterizar a nova oferta chinesa. Porén, agora veñen de presentar unha versión inferior derivada destes, o Oppo R7 Lite.
O R7 Lite mantén o mesmo deseño que os outros dous trebellos, pero achaca unha baixada xeral das súas especificacións, das que destacamos as seguintes:
- Pantalla 5 polgadas AMOLED (1280 x 720)
- Procesador Snapdragon 615 (8 núcleos, 64 bits)
- 2 GB de RAM
- 16 GB de almacenaxe interna (ampliábeis)
- Cámaras de 13 e 8 megapíxeles
- Batería de 2320 mAh
- Dobre SIM
- 4G
Como podemos ver, malia o recurte en prestacións segue a ser un trebello superior a moitos gama media de marcas recoñecidas que podemos atopar nas tendas do noso país.
Está previsto que chegue a Europa comercializado a través da web da compañía por uns 280 euros ao cambio.