Descuberta unha nova vulnerabilidade na versión web de Whatsapp

whatsapp cifrado

Un novo erro de seguridade que afecta á versión web de Whatsapp acaba de sair á luz. Esta vulnerabilidade permite controlar o escritorio das computadoras sabendo só o número de móbil. O procedemento é sinxelo: só se ten que envíar unha vCard que conten código malicioso. Cando o abrimos, o noso pc quedará infectado.

Por sorte, este erro foi detectado e solucionado pola empresa dende a versión 0.1.4481, polo que se vós aínda usades unha versión anterior o máis axeitado é actualizala o máis axiña posíbel. Tamén non estaría demáis borrar os arquivos temporais do navegador.

Sen dúbida é un problema serio que existan este tipo de ocos polos que podemos ser atacados, pero coma sempre, para manter o nosos equipos, datos,… seguros, un pouco de responsabilidade e non temos que abrir nada que nos pareza sospeitoso, aínda que proceda dun contacto que teña a nosa confianza.

Sobre o autor

Reply