R mellora o seu sistema de mensaxería R

Nestes tempos de tanta competencia entre os diferentes operadores de telecomunicacións é preciso diferenciarse dos demais, e é nos servizos avanzados, como mensaxería R, onde se poden atopar as diferenzas entre unhas e outras compañías.

A operadora galega R leva tempo apostando por estas funcións complementarias. Boas mostra diso é wificlientesR, a maior rede WiFi do páis gratuíta para as clientas, que cada día está a sumar novos puntos de acceso, ou nubeR, que como o seu propio nome indica é un servizo de almacenaxe na nube, con sincronizado de fotos e contatos, entre outros.

mensaxeria r

Mais hoxe toca falar de mensaxería R, o servizo de correo electrónico para clientas de R, que nos próximos días recibirá unha das actualizacións máis importantes da súa traxectoria, incorporando diferentes melloras.

O primeiro gran cambio é no deseño, que se adapta á nova imaxe da web de R, moito máis fresca e actual. Porén, máis interesante son as novas funcionalidades, como o acceso desde o móbil, a ampliación da capacidade dos buzóns de correo a 10 GB (até o de agora 1 GB) e a capacidade de tochomail, o servizo que permite enviar arquivos de gran tamaño, que agora admite 2 GB no canto do GB actual.

Que vos parecen estas novidades? Sodes usuarias deste tipo de servizos avanzados das compañías ou preferides empregar as alternativas de correo de servizos como Gmail ou Outlook?

Sobre o autor

Reply