Vimos de coñcer o acordo ao que chegan os tres xigantes norteamericanos polo cal, tanto DELL coma HP pasan a ser distribuidores das Surface de Microsoft.
A Surface, foi un producto novidoso que tivo boa acoallida polas usuarias. Agora, coa Surface Pro 3, chegouse a un producto máis completo que é quen de facer dubidar a todos aqueles que desexen un ultrabook para o seu día día.
Agora sabemos que, dende o mes de outubro as usarias empresariais poderán mercar a DELL unha Surface, pero só no EUA e Canadá. O resto de mercados teremos que agardar até comezos do vindeiro ano. Ademáis este acordo comercial, inclúe o compromiso de dar soporte técnico para os productos vendidos por eles.
HP tamén confirmou a súa a sociación con Microsoft pola cal ademáis da venta das Surface, darán soporte ás empresas para configurar e instalar as equipas. Polo de agora non temos información sobre as datas nas que se porán á venta nas canles de HP.
Que pensades de que empresas que son fabricantes, vendan productos da competencia?