Sony, basta de mentiras: nin móbiles sumerxíbeis nin pantallas 4K

SONY-FAIL

Querida Sony: tedes un problema de comunicación serio.

Estes días recibimos dúas novas que fan que perdamos toda a fe na compañía nipona. A primeira delas ocurreu durante IFA de Berlín que rematou hai poucos días.

Nesta importante feira tecnolóxica, presentaron o que para eles é a principal aposta do ano en telefonía móbil, o Xperia Z5. Non dúbidamos (ou a partires de agora si, vai ti saber) que ten moi bo hardware, mois bos acadabos e materiais premium, pero non tomedes ás usuarias por tontas.

Un dos puntos que máis destacou na presentación deste terminal, foi que acababan de lanzar o primeiro smartphone cunha pantalla de resolución 4K (e tumba e dálle unha e outra vez con ver quen a ten máis grande). Dicimos isto, porque as pantallas son as causantes da reducida autonomía dos terminais e a batería deste smartphone non destacaba polos mAh (conta con 3430 mAh), pero igual esta pantalla era un prodixio de eficiencia.

Nada máis lonxe da realidade. Pouco despois, soubemos que non era un 4K real, só era un gancho publicitario, pois a realidade é que é un re-escalado do sistema operativo á resolución 1080p. Ademáis, só en ocasións e cun software moi específico (app cámara, galería e reproductor de vídeos) poderemos exprimir o 4K que se nos prometía.

Non é malo, pero é xogar coa verdade, porque cando chegamos ás tendas estos detalles non se contan, e nas especificacións que adoitan ser pouco detalladas, aparecerá que a pantalla é 4K, cando non é certo.

Pois ben, se con isto non tiñamos dabondo, agora resulta que levamos un par de xeneracións crendo que algúns terminais de Sony son sumerxíbeis, podendo nadar con eles, bucear a pouca profundidade,… E agora, volvendo ao exemplo do Z5, que segundo din conta con IPX5/X8 que é o estandar de resistencia a auga máis elevado, dinnos que bueno, mellor que non nos bañemos con el.

É dicir, en anos anteriores con estándares de resistencia menores, podiamosnos bañar e agora non? Será que nunca o puidemos facer, e unha vez máis, só era un gancho publicitario? Dicimos iso, porque non son poucas as reclamacións de clientes, que logo de mollar o seu terminal, este deixou de funcionar.

Como xustifica a empresa esta “recomendación”? Pois con sutileza, moita sutileza. Fala de darlle uso coidadoso e que as probas foron realizadas baixo unha situación controlada en laboratorio (30 minutos a 1,5 metros de profundidade con auga do grifo e depositado coidadosamente nun tanque).

Claro, eles garanten a resistencia nestas condicións tan concretas, pero non poden saber se o móbil soportou presións máis elevadas das que pode pode soportar cando a usuaria o sumerxe na auga e move o terminal dentro dela.

Moi ben, pero isto non se tiña en conta nas xeneracións anteriores?

Na nosa opinión, a Sony colleuno o tren pola teima de querer facer, sexa como fose, o terminal coas mellores especificacións e que permite usos en diversas condicións. E ollo, que non é nada malo que “só” aguanten unha caída dun vaso de auga cando temos o terminal na mesa, por exemplo, algo que por certo case todos os móbiles aguantan aínda que non o especifiquen.  Ademáis, na nosa opinión, é unha situación moito máis lóxica e habitual que facer foto ou vídeo submarino, para o cal xa hai outros productos moito máis específicos e xa pensados para este tipo de situacións.

Nesta ligazón, podedes ver a información sobre o combio de uso dos terminais de Sony cando temos preto a auga para que xulguedes por vós mesmas.

Sobre o autor

Reply