Chega Blocky Highway cos seus gráficos ‘voxel art’

Chega a Google Play Blocky Highway que se caracteriza polos seus gráficos “voxel art” estilo que xa seguiron outros xogos como Minecraft e Crossy Road do cal xa falamos no seu día no blogue. O modo do xogo é o máis clásico neste tipo de xogos, percorrer a maior distancia posible e o mesmo tempo recoller as moedas que atopamos no noso camiño e evitar ser cazado polos vehículos que nos atopemos no noso camiño.

BH4

BH3

Podemos atopar algunha que outra idea interesante, xa que, ademáis de poder saltar para evitar que sexamos atropelados por un tren, tamén podemos desfacer máis ou menos todo o que saia o noso paso. Tamén podemos ser transportados por un helicóptero o cal nos falicitará o noso percorrido un determinado anaco de tempo, evitando desta forma ter que seguir facendo zig zag entre os vehículos.

BH6

BH5

A combinación da súa xogabilidade e o entorno gráfico e o que lle da ese toque interesante a este xogo. Como en Crossy Road  temos a opción de obter novos vehículos en función que imos avanzando no xogo.

BH2

Blocky Highway está dispoñible de forma gratuita, pero tamén dispón de compras integradas. Podémolo descargar desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply