Vodafone faise coas comunicacións do Senado

vodafone sede plaza

Tras presentar a mellor oferta, Vodafone vén de arrebatar a Movistar as comunicacións do Senado cun contrato que ascende a 1.085.000 euros e rematará o 31 de decembro de 2017, aínda que pode ser prorrogado dous anos máis.

En total, a compañía británica manterá un total de 440 liñas móbiles distribuídas en 2 perfís de uso:

  • 300 liñas con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles nacionais e internacionais, 901 e 902, SMS e MMS ilimitados e 5 GB de Internet móbil. Os GB compútanse en global (1500 GB), polo que compensarán as liñas que máis datos usan coas que menos; así mesmo, ofrécense 2 tarxetas SIM por liña para poder usar en móbil e tablet.
  • 140 liñas con chamadas nacionais ilimitadas (fixos e móbiles), SMS ilimitados, 1 GB de datos e, igual que no caso anterior, 2 tarxetas SIM.

O contrato tamén establece que Vodafone deberá achegar 300 smartphones con 64 GB de almacenaxe interna, pantalla táctil entre 4,5 e 5,5 polgadas, procesador de 64 bits e conectividade 4G (todo apunta a que serán iPhone 6 e iPhone 6 Plus) e 140 que, como mínimo, teñan memoria de 8 GB e pantalla de 4 polgadas.

En canto ás tablets, serán 300 con 64 GB de almacenaxe interna, pantalla de 9,5 polgadas ou superior, conectividade 4G e funda con teclado incorporado.

Sobre o autor

Reply