Wolder vén de anunciar a súa nova tablet, que ten como principais características a pantalla retina e o procesador octa-core. Esta é a miTab New York.
A pantalla de 9,7″ e resolución 2048 x 1536 píxeles fai dela o producto axeitado para consumir todo tipo de contido multimedia: fotos, vídeos, libros,… Ademáis, ao procesador de 8 núcleos a 2 GHz acompáñano 2 GB de RAM e os 16 GB de ROM, que a priori axudan a ter unha boa experiencia neste tipo de usos. En canto á conectividade, destacamos a tarxeta microSD até 32 GB e un porto miniHDMI, pero non atoparemos slot para tarxeta SIM.
Sae ao mercado con Android Lollipop, 5.1.1 e garanten actualizacións vía OTA a medida que Google as teña disponíbeis.
Ademáis, no apartado do software destacamos Big Button que é unha colleción de apps premium, e son:
- Wuaki.TV, con 2 meses de suscripción gratuita.
- 24Symbols: cun periodo gratuito para acceder a unha morea de libros.
- News Republic: para estar ao días das últimas novas.
- Perpetuall: para manter os contactos ao día.
- Panda Security: un extra de seguridade contra virus e malware.
Podemos atopar a nova Wolder miTab New York dende hoxe mesmo, tanto en tendas físicas coma na tenda online, por un prezo de 199 euros.