Esta tarde Universal publicou o segundo trailer do filme de Steve Jobs, quen foi CEO de Apple e unha das figuras máis destacadas do mundo tecnolóxico nos últimos anos.
A longamentraxe é a segunda que se fai arredor da figura de Jobs, tras unha primeira que foi moi criticada pola súa baixa calidade. A nova está dirixida por Danny Boyle e protagonizada por Michael Fassbender.
Estrearase no noso país o 1 de xaneiro.