Tinder lanza o botón “SuperLike” para facilitar os encontros

tinder

A estas alturas supomos que oiríades falar de Tinder, quizais a aplicación máis popular para ligar, que funciona polo método dos matches, é dicir, cando hai unha coincidencia (isto é, cando hai like mutuo) pon ás persoas en contacto.

Na última actualización, lanzada recentemetne, engadiron unha nova funcionalidade que está a dar moito que falar. Chámase Super Like, e permítenos facer un seguemento maior dunha persoa en concreto, que á vez será notificada do noso “superlike”.

tinder superlike

Con isto achégase un maior nível de personalización, xa que permite coñecer mellor ás persoas facilitando que se produzan máis matches, o que sen dúbida agradecerán os usuarios desta app.

Tinder é unha app gratuíta (con compras integradas) que se pode descargar desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply