Mininovas Android: a malla da semana

Chromecast actualizarase xunta os Nexus

chromecast

Todo apunta a que o 29 de setembro, ademáis dos novos Nexus, coñeceremos un novo Cromecast. Ademáis dun deseño renovado e da posibilidade de mercar en diferentes cores, teremos melloras nos tempos deconexión, a posibilidade de conectar o aparello a un equipo de son por cable e unha actualización do sistema Wifi, para mellorar a conectividade.

Ademáis da actualización de hardware, semella que nesas datas tamén se vai por á disiposición das usuarias a compatibilidade con Spotify, que fará do Chromecast un dispositivo máis completo que non deixa de evolucionar.

Microsoft merca Echo Notification Lockscreen

echo 01

Microsoft está apostando forte polo seu sistema operativo propio para competir fronte a fronte con Android e iOS. Isto non quita, que tamén aposten por Android, a súa maneira, pois están a mercar apps para Android.

Desta volta foi Echo Notification Lockscreen que vos analizamos polo miúdo fai un tempo, que é un app que modifica a pantalla de desbloqueo dos nosos terminais. Non quedan claros os motivos polo que fai isto Microsoft, pode ser que non descarte lanzar algún terminal con Android, ou só son probas en Android, para logo levas esas apps á súa plataforma.

Será posíbel cargar o 80% da túa batería en 35 minutos

quick charge 3.0

Esta semana coñecimos o novo sistema de carga rápida de Qualcomm, o Quick Charge 3.0 que é un 27% máis rápido ca a v2.0. Ademáis este novo estándar nos procesadores Snapdragon 820, 620, 618, 617 e 430 que veremos nos terminais do vindeiro ano e mesmo con USB Type-C.

Isto é posíbel grazas á Intelligent Negotiation for Optimum Voltage, un algoritmo polo que cada dispositivo determina a potencia que precisa en cada momento para mellorar a trasferencia.

Xa temos data oficial para o novo Xiaomi Mi4c

xiaomi mi4c

Esta semana comunicouse da man do propio presidente da compañía, a data da presentación oficial do novo terminal de Xiaomi, o Mi4c. Será o vindeiro 22 de setembro na China.

Ademáis no mesmo comunicado na súa conta de Twitter, confírmanos que disporemos de 2 versións en función da súa capacidade e RAM. Unha delas contará con 2 GB de RAM e 16 GB de alamacenamento interno e a outra aumenta a RAM até 3 GB e a memoria interna até 32 GB.

NOTA: a foto que ilustra esta mininova é unha filtración do que se supón que será o deseño final do terminal.

Snapchat cobra por recuperar mensaxes “borradas”

snapchat

Esta semana coñecimos que a popular app que supostamente borra as nosas mensaxes, vai cobrar 0,99$ por recuperar 3 snaps que xa viras anteriormente. Isto axuda a decatarnos de que temos que diferenzar entre borrar algo e deixar de ter acceso. Para a nosa desgraza, o que está na Internet non é tan doado facelo desaparecer, porque toda a información que nós compartimos libremente, é un medio de vida para moitos. Tédeo en conta.

Polo de agora, só nos EUA está diposñíbel esta posibilidade.

Sobre o autor

Reply