Wiko vén de anunciar un novo smartphone, o Wiko Rainbow Jam, apostando de novo por un colorido trebello de prestacións medias e prezo asequíbel.
A pantalla é de 5 polgadas, con resolución FullHD (294 ppp) e protección Dragontrail que a protexe de pequenos golpes ou as rabuñadas habituais. No seu interior atopamos un procesador de catro núcelos a 1,3 GHz, acompañado por 1 GB de memroia RAM e 16 GB de memoria interna, que poderemos ampliara a través de tarxetas microSD de até 64 GB.
A cámara principal é de 8 megapíxeles (a secundaria frontal fica nos 5 Mpx), a batería de 2000 mAh e leva Android 5.1 (Lollipop) como sistema operativo. Ao contrario ca outros teléfonos da compañía, este dispón unicamente de conectividade móbil 3G, ao que hai que engadir as obvias opcións de WiFi e Bluetooth (4.0).
O Wiko Rainbow Jam está dispoñíbel en branco, negro, turquesa e coral por 139 €, un prezo moi atractivo para un terminal de entrada.