Geeksme, o wearable para cuantificar a nosa vida sexual chegará en outubro

Aló por febreiro Geeksphone anunciou que estaba a traballar nun wearable para cuantificar a nosa actividade sexual. Case oito meses despois e coa sección de telefonía da compañía abandonada volvemos saber do trebello en cuestión, o Geeksme, que se comercializará a partir do mes de outubro.

Geeksme contará inicialmente con catro modos de funcionamento para monitorizar de forma privada a vida das usuarias:

  • g!fitness: actividade física
  • g!sleep: calidade do sono
  • g!ecological: pegada dixital
  • g!love: actividade sexual

Non cabe dúbida que a que máis chama a atención é a última delas pola novidade ou carácter diferenciador fronte ás ducias de dispositivos cuantificadores que hai no mercado, e tamén é na que a empresa está a centrar a atención nestes primeiros momentos  modo de teaser.

Pouca información máis temos sobre este dispositivo do que tamén adiantan que funcionará con Android e iOS a través de sendas aplicacións. A ver que nos contan nunhas semanas…

Sobre o autor

Reply