A tantas veces filtrada BlackBerry con Android non se chamará Venice, a lo menos segundo o filtrador evleaks, quen vén de comentar que finalmente o seu nome comercial será BlackBerry Priv.
O que parece que non cambia son as principais especificacións que xa coñeciamos do trebello e que pasamos a lembrar:
- Pantalla QHD de 5,5 polgadas (2560 x 1440 píxeles)
- Procesador Qualcomm Snapdragon 808
- 3 GB de RAM
- Cámaras de 18 e 5 Mpx.
A BlackBerry Priv será presentada, previsibelmente, no mes de novembro, chegando a tempo para a campaña de nadal.