Os iPhone 6S / 6SPlus chegan o 9 de outubro ao mercado español

iphone 6s 6s plus

Logo de ter sido presentados hai unhas semanas, os novos iPhone 6S e iPhone 6S Plus xa teñen data de comercialización no noso país: 9 de outubro.

O novo trebello da compañía de Cupertino comercializarase, cando menos, a través dos catro grandes operadores (Vodafone, Movistar, Orange e Yoigo) e no mercado libre. Os prezos serán os que seguen:

  • iPhone 6S: 749 € (16 GB) / 859 € (64 GB) / 969 € (128 GB)
  • iPhone 6S Plus: 859 € (16 GB) / 969 € (64 GB) / 1079 € (128 GB)

Polo de agora Apple non confirmou a data a partir da cal poderemos reservar o terminal para mercalo na tenda oficial, algo que damos por feito que haberá por experiencias anteriores.

Sobre o autor

No Responses

Reply