Que Amazon supuxo un antes e un despois no comercio online ninguén o discute. Agora a compañía quere ir un paso máis e converterse – tamén – no noso supermercado, polo que vén de abrir a súa tenda no estado español, na que se inclúen bebidas, alimentación (non perecedeiros) e produtos de limpeza.
Entre as vantaxes que ten é que mesmo poderemos recibir o pedido no mesmo día (na Comunidade de Madrid polo de agora), en aras de competir cos servizos web dos supermercados tradicionais. Isto só será posíbel se facemos a compra antes das 14.45 horas.
Podemos acceder ao supermercado de Amazon desde esta ligazón. Ademais, os proveedores tamén poden ofrecerse a vender produtos á compañía cubrindo este formulario.
No noso país? Pensei que falabas de Galiza. Embora o teu país está claro que non é o meu…
Cando falamos de ‘o noso país’ falamos de Galiza. Nós temos claro cal é o noso país 😉
Estamos un pouco susceptibles, ¿non?