Cando Euskaltel anunciou a compra da operadora galega R todos agardabamos un segundo momevento: a adquisición de Telecable. Era, estratexicamente falando, o lóxico. Así conseguirían facerse con todo o cable rexional do estado, concentrándose nun único ente.
Porén, nos ambiciosos plans de Euskaltel interpúxose Zegona, un fondo de inversión que fixo a mellor oferta pola cableira asturiana, o que deixou aos vascos cun sabor agridoce.
Ao tempo que Euskaltel completa a compra de R, algo que se prevé aconteza o vindeiro mes tras o visto e prace de Competencia e a ratificación polo accionariado, a compañía volve poñer riba da mesa a compra de Telecable, que consideran unha “oportunidade no futuro”.
Con todo, semella que non será algo que aconteza inminentemente. Pero.