Xa podemos subir APKs de até 100MB Play Store
Até o de agora só se podían subir aplicacións de 50MB, pero a mellora constante delas, facía que este tamaño quedara curto e por iso Google xa permite subir APKs de 100MB.
Ademáis, tamén pensaron no usuario que descarga esas aplicacións pesadas, lanzando unha alerta que evitará fundir o noso plan de datos antes da conta.
A aplicación de Google vai permitir dar comandos de voz offline
Se queriamos interactuar co noso terminal, dependiamos dunha conexión a Internet. Por iso, desde agora mesmo e inglés, xa podemos dar ordes de voz á app de Google sen precisar dunha conexión á rede. Agardamos que sexa cuestión de tempo que esta característica chegue ao resto de idiomas.
Microsoft Office virá preinstalado en terminais Asus
O mellor para que os usuarios empreguen os teus productos, e sempre que sexa posíbel e legal, é poñerllos ao alcance da man. Por isto Microsoft e Asus veñen de acadar un acordo polo cal a suite ofimática virá preinstalada nos smartphones Asus.
Lembremos que Office é gratuíto sempre que se instale en aparellos de menos de 10 polgadas, se é superior teremos que pagar para editar documentos.
Amazon deixará de vender o Chromecast e o Apple TV
Desde o 29 de outubro estes dous dispositivos deixaranse de vender en Amazon, pois son competencia directa do Fire TV e do seu servizo de streaming “Amazon Prime Video”. Sen dúbida unha acción cuestionable ante as interesantes opcións que están plantexando desde a competencia.