ZTE acusa a Huawei de terlle copiado co Nexus 6P

zte grand s vs nexus 6p

Certamente a banda negra do novo Huawei Nexus 6P é un elemento definitorio do trebello. Tras ela agóchanse diferentes antenas e o hardware da cámara, elementos que precisan conexión co exterior para poder operar con xeito.

Pois ben, aínda que este elemento nos pareceu novidoso e diferente (cadaquén coas connotacións que quixer sobre gustos), non é a primeira vez que aparece nun trebello. Isto é o que vén de denunciar outra compañía chinesa, ZTE, que xa introducira este elemento no seu smartphone Grand S Flex, como podedes ver na imaxe superior, onde se compara o Nexus 6P.

Inspiración? Copia? Casualidade? O debate está servido, aínda que tamén hai que recoñecer que chegados a este punto e con tantos centos de teléfonos no mercado, o difícil é non parecerse alguén. Cal é a vosa opinión?

Sobre o autor

Reply