One M9+ Aurora Edition e Butterfly 3, os novos smartphones de HTC

htc butterfly 3 - 1

Malia que ultimamente non se fala moito dela, HTC segue viva. E non só iso, senón que vén de presentar dous novos terminais de grandes prestacións: o HTC Butterfly 3 e o HTC One M9+ Aurora Edition; este último é unha versión vitaminada do One M9+ que mellora sensibelmente a calidade da súa cámara.

htc butterfly 3 - 2

Coñecéndoos máis polo miúdo, o Butterfly 3 incorpora unha pantalla QHD de 5,2 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 810 (8 núcleos), 3 GB de memoria RAM, batería de 2700 mAh e dobre cámara, a principal de 20 megapíxeles e a frontal de 13. Ademais ten as certificacións IPX5 e IPX7 de protección a auga e pó.

htc one m9+ aurora edition - 1

Pola súa banda, o HTC One M9+ Aurora Edition ten pantalla QHD de 5,2 polgadas, procesador MediaTek Helio X10 de 8 núcleos a 2,2 GHz, 3 GB de memoria RAM, 32 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e cámara principal de 21 Mpx.

O Butterfly 3 custará arredor de 535 euros e o One M9+ Aurora Edition uns 560, pero polo de agora non hai plans de que cheguen a Europa.

Que vos parecen?

Sobre o autor

Reply