Pensabades que estaba todo inventado? Pois a verdade é que non, e máis se falamos de gadgets relacionados coas selfies, a moda que está a revolucionar case todo.
Logo de termos visto todo tipo de paus para facer selfies chega a nós este novo invento do diaño, o Dildo Selfie Stick. Como podedes imaxinar do seu nome non é máis que un pau selfie preparado para adaptarse a calquera modelo de consolador, o que permite capturar os momentos máis orgásmicos, literalmente falando.
Como podedes ver no vídeo, o seu funcionamento é tremendamente sinxelo: non hai máis que premer o botón no momento que desexemos e… voilá! Orgasmo capturado. A partir de aí, todo o que poida xurdir da nosa imaxinación.
Que vos parece?
Literalmente o estaban a pedir a berros!