Microsoft anuncia os novos Lumia 950 e 950XL

microsoft lumia 950

Microsoft vén de anunciar unha chea de novidades esta tarde, entre elas dous novos teléfonos de gama alta, os Lumia 950 e Lumia 950XL, que destacan por incluír Windows 10 e un sistema de refrixeración líquida.

Así mesmo, os novos Lumia apostan fortemente polo apartado fotográfico con lentes Carl Zeiss e un sistema flash de triple LED que corrixe os tons das cores nas imaxes que tomamos con pouca luz.

Especificacións

Lumia 950 Lumia 950XL
Pantalla 5,2” (2560 x 1440) 5,7” (2560 x 144)
Procesador Qualcomm Snapdragon 808 hexacore (2 a 1,82 GHz e 4 a 1,44 GHz) Qualcomm Snapdragon 810 octacore (4 a 2 GHz e 4 a 1,5 GHz)
RAM 3 GB 3 GB
Memoria 32 GB (+ microSD) 32 GB (+ microSD)
Cámaras 20 Mpx (Carl Zeiss) + 5 Mpx (PureView) 20 Mpx (Carl Zeiss) + 5 Mpx (PureView)
Batería 3000 mAh 3300 mAh
Conectividade WiFi / LTE WiFi / LTE
Outros USB Type C, carga sen fíos, refrixeración líquida USB Type C, carga sen fíos, refrixeración líquida

Como se pode ver na táboa anterior as principais diferenzas están no tamaño de pantalla (aínda que mantendo a resolución), na potencia do procesador e na capacidade da batería.

Está previsto que cheguen ao mercado internacional en novembro por 459 e 649 dólares, polo que haberá que esperar un pouco a coñecer o que custarán en euros e as ofertas que poidan facer as operadoras.

Sobre o autor

No Responses

Reply