Huawei vén de desvelar unha das incógnitas que faltaba por coñecer dos novos Nexus: cando chegarán ao noso país. Segundo informou a compañía chinesa, o seu Nexus 6P estará á venda a partir de mediados de novembro, polo que podemos intuír que o Nexus 5X tamén virá nesas datas, para non quedar en desvantaxe.
O primeiro Nexus deseñado por Huawei destaca polos seus acabados en aluminio e ser considerado un trebello premium. Incorpora unha pantalla de 5,7 polgadas (515 ppp), procesador Snapdragon 810 v2.1, 3 GB de memoria RAM, 32 / 64 / 128 GB de memoria interna, cámaras de 12,3 e 8 Mpx e batería de 3450 mAh.
Estará dispoñíbel a partir de 649 €.