Esta semana HP renovou algunhas das súas familias de portatiles para competir do mellor xeito posíbel cos seus rivais, que polo que se viu esta semana é Microsoft.
HP Stream
Para comezar, queremos amosarvos o novo HP Stream, o máis pequeno de todos, tanto en tamaño como en especificacións. Sen destacar por nada en concreto, o hardware conta cunha lixeira actualización, onde podemos destacar o procesador Intel Celeron, 32 GB de almacenamento, 1 USB 3.0 e 1 USB 2.0 ademáis de ector de microSD. O SO como non pode ser doutro xeito é Windows 10.
Podemos elixir entre dous tamaños de pantalla; 11,6 ou 13,3 polgadas e a principal diferencia entre ámbolos dous modelos é que o máis pequeno garante dúas horas e media máis de autonomía, mentres que o de 13,3″ conta cun USB 2.0 a maioires.
Estes equipos están chamados a cubrir un nicho de mercado moi específico e poderémoslos atopar por prezos que van desde os 269€ para o máis pequeno até os 299 euros para o de 13,3″.
HP Spectre X2
O seguinte modelo do que vos queremos falar é o HP Spectre X2, un dispositivo chamado a pelexar directamente coa Surface Pro de Microsoft. Estamos diante do mesmo concepto de producto, un ordenador tipo tablet ao que se lle pode conectar un teclado e na súa traseira conta con pé que fai de soporte.
O Spectre X2 ten una pantalla de 12 polgadas FullHD e monta procesadores Intel Core M de sexta xeneración, e as configuracións chegan até os 512 GB de memoria SSD e os 8 GB de RAM. En canto á conectividade atopamos dous USB Type C 3.0, slot para microSD e conta cun módem LTE. Además temos que destacar que o paquete ven cun adaptador para poder empregas o gadget que temos pola casa con conexión UBS 2.0 ou 3.0 tracionais.
O prezo de partida do dispositivo é de 1399 euros e chegará ao noso país en novembro.
HP Envy
Outra das equipas que presentou HP esta semana foi HP Envy, un ultrabook convencional de 13,3″ de tan só 1,27 kg. O modelo máis básico montará un procesdor Intel Core i3 podendo chegar a elixir un modelo máis potente equipado cun procesador i7.
En canto á conectividade destacamos os tres portos USB 3.0, HDMI e lector de tarxetas SD. O teclado é retroiluminado e conta cun lector de pegadas datilares. O HP Envy sae ao mercado este mesmo mes e o modelo básico custará ao redor dos 900 euros.
HP Edition Especial Star Wars
Para rematar a intensa semana de HP, por sorpresa presentou unha equipa dixida ás usuarias máis geeks. Coincidindo co lanzamento a finais deste ano dunha nova película da saga de Star Wars, HP lanzou un pc que se chama HP Edition Especial Star Wars e ten como principal reclamo tanto a personalización externa coma interna, pois atoparemos un Windows 10 totalmente modificado e adaptado ao mundo Star Wars, ademáis da retoiluminación vermella do teclado.
En canto ao hardware, sen estar mal, non é nada doutra galaxia como poderiamos agardar. Contamos cun procesador i5 da familia Skylake de Intel, 8 GB de RAM, gráfica GeForce 940M e disco duro SATA3 de 1TB. O prezo desde HP de edición especial é de 799€ e a maiores poderemos mercar unha funda tamén personalizada por 39,90€.