Alcatel vén de anunciar os novos Onetouch Pop 3, trebellos de gama de entrada que chegan dispoñíbeis en 4 versións diferentes atendendo a tamaños de pantalla (5 e 5,5 polgadas) e conectividade (3G / 4G). Non menos relevante é o prezo de partida, 109,90 €, que fai deles dignos competidores das marcas chinesas máis importantes do momento.
Malia non atopar grandes diferenzas entre eles, a xeito de resumo recollemos as súas especificacións na seguinte táboa
Onetouch Pop 3 (3G) | Onetouch Pop 3 (4G) | Onetouch Pop 3 – 5,5 (3G) | Onetouch Pop 3 – 5,5 (4G) | |
Pantalla | 5” (854 x 480) | 5” (854 x 480) | 5,5” (720 x 1280) | 5,5” (720 x 1280) |
Procesador | Quadcore a 1,3 GHz | Quadcore a 1,1 GHz | Quadcore a 1,3 GHz | Quadcore a 1,3 GHz |
RAM | 1 GB | 1 GB | 1 GB | 1 GB |
Memoria | 8 GB (+ microSD 32 GB) | 8 GB (+ microSD 128 GB) | 8 GB (+ microSD 32 GB) | 8 GB (+ microSD 128 GB) |
Cámaras | 5 / 2 Mpx | 5 / 2 Mpx | 8 / 5 Mpx | 8 / 5 Mpx |
Batería | 1800 mAh | 2000 mAh | 2910 mAh | 2500 mAh |
Versión Android | 5.1 Lollipop | 5.1 Lollipop | 5.1 Lollipop | 5.1 Lollipop |
Prezo | 109,90 € | 139,90 € | 144,90 € | (pendente) |
Ademais de no mercado libre, algúns operadores tamén o teñen incluído nos seus catálogos de terminais, entre eles Yoigo e Simyo. Que vos parecen?