Microsoft anuncia os prezos da Surface Pro 4 no noso país

Microsoft presentou hai uns días a nova Surface Pro 4, un trebello de características extraordinarias que aspira a que deixemos de lado o noso portátil, cando menos para traballar en mobilidade. Poderase mercar en tendas a partir do 19 de novembro, aínda que as máis entusiastas poden optar por facer a prerreserva desde esta ligazón.

microsoft surface 4 pro

A compañía vén de facer públicos todos os prezos aos que poderemos adquirila no noso país, que dependen da configuración escollida e van desde os 999 euros na versión máis básica aos 2449 € na superior, como podedes ver no seguinte cadro.

prezoss surface pro 4

A estes prezos habería que sumar, de querelo, o Teclado Type Cover (149,99 €). Así mesmo, existen outros accesorios que nos axudarán a sacarlle máis partido, como poden ser a base dock (229,99 €), o Surface Pen co kit de puntas incluído (64,99 €) ou o kit de puntas por separado (10 €).

Que vos parecen estes prezos?

Sobre o autor

Reply