Primeiras filtracións do Samsung Galaxy A9

Samsung prepara novos trebellos para a gama media premium que inauguraron os Galaxy A, e boa mostra dilo é a aparición das primeiras filtracións do novo Galaxy A9, que ha ser presentado proximamente, o máis seguro é que a tempo para chegar á campaña de Nadal.

filtracion galaxy a9

Un test de Antutu é desta vez o responsábel da filtración dalgunhas especificacións, entre as que destacan a pantalla de 5,5 polgadas e resolución FullHD (1920 x 1080 píxeles) e os 3 GB de memoria RAM que incorpora. O procesador é un Qualcomm Snapdragon 620 e terá 32 GB de memoria interna, non sabemos se ampliábeis ou non con tarxetas microSD.

Aínda quedan moitos detalles por coñecer, entre eles se o dispositivo sairá á venda con Android 6.0 Marshmallow ou 5.1 Lollipop (a que aparece no test), a calidade das súas cámaras ou a duración da batería.

Que esperades deste trebello?

Sobre o autor

Reply