Mininovas Android: a malla da semana

Samsung Gear, a solución de Samsung para empregar os seus wearables con calquera terminal

samsung gear

Samsung lanzou esta semana a app para poder empregar os seus reloxos e bandas intelexentes con calquera tipo de terminais, sen ter que ser tamén da empresa coreana como ocorría até o de agora. Nesta ligazón, podedes descargar app.

Tag Heuer estaría fabricando o primeiro Android Wear de luxo

tag heuer

Todo apunta a que TAG Heuer vai presentar o seu primeiro reloxo intelixente, e vendo o historial da compañía Suíza, todo apunta a que será un reloxo de luxo. Polo de agora non temos máis datos e só sabemos que o prezo por andar polos 1400 $.

A cita é o 9 de novembro en New York ás 11 a.m. onde sairemos de dúbidas.

Whatsapp é a marca líder do estado español

ranking-marcas-valoradas-en-españa

Esta listaxe só representa as marcas que teñen unha mellor valoración polas usuarias, que non é pouco. Isto non significa que sexa un ranking de productos, pois a app de Whatsapp a día de hoxe aínda ten moitas sombras en canto a temas tan sensíbeis coma a seguridade e privacidade das nosas mensaxes.

Malia todo hai que recoñecer o mérito da empresa ao situarse no primeiro posto cando fai apenas tres anos, nin saía nesta listaxe.

Windows 10 chegará aos Lumia a partires de decembro

Windows 10 01

Esta semana presentáronse os novos dispositivos de Microsoft, entre eles os novos Lumia que xa sairán ao mercado con Windows 10. Agora ben, que ocorre con resto de dispositivos que funcionan con Windows 8.1? Como a propia Microsoft confirma no seu muro de Facebook, o proceso de actualización comezará en decembro e seguirá nos primeiros meses de 2016.

Agora ben, as intencións da xente de Redmond é actualizar máis o maior numero de modelos que están correndo hoxe en día con Windows 8.1 o certo é que a listaxe completa de terminais actualizábeis non está confirmada.

A Rusia non lle gusta o ecosistema Google

google rusia

Esta semana coñecimos que Rusia vén de darlle un ultimatum a Google: teñen até o 18 de novembro para deixar de instalar todas as súas app, de xeito predeterminado, nos terminais vendidos en Rusia. Só aceptan que se instale a Play Store, pero nada máis.

Deste xeito o que buscan as autoridades rusas é que sexa o usuario o que decida que aplicación instalar para satisfacer as súas necesidades e romper así co que denominan o monopolio de Google.

Pode ser certo, pero tamén parece un novo capítulo da eterna guerra fría que semella que non rematará nunca entre os EUA e Rusia.

Whatsapp agora con copias de seguridade máis personalizábeis

whatsapp llamadas

Na seguinte actualización da app, teremos á nosa disposición as copias de seguridade automáticas, programando a frecuencia coa que facelas. Ademáis nestas copias gardaranse os contactos, conversacións e fotos. Ademáis, temos a posibilidade de gardar en Google Drive os nosos vídeos.

Sobre o autor

Reply