Google Translate incorpora traducción in-app

Entre as múltiples ferramentas de Google para viaxes e a eliminación de fronteiras está Google Translate, sobre todo logo daquela gran actualización que traduce textos de carteis (e outro soportes) en tempo real a través de realidade aumentada.

Porén, a app segue tendo moito percorrido en canto a funcionalidades (xa non digamos en canto á corrección de erros de tradución), e neste senso a última actualización aportou unha interesante novidade: a traducción in-app. Isto permite que, sen ter que abandonar unha app (por exemplo, WhatsApp), poidamos obter a traducción para empregala no que precisemos, co que aforramos o engorroso traballo de copiar – colar, como até o de agora.

Nos seguintes gifs pódese ver de xeito máis gráfico:

Google Translate inapp - 1

Google Translate inapp - 2

Cómpre sinalar que esta novidade chegará implementada nunha das últimas actualizacións da aplicación, aínda que só poderán disfrutar dela as usuarias con trebellos que dispoñan de Android 6.0 (Marshmallow), que agora mesmo son as dos Nexus.

Que vos parece esta nova funcionalidade?

Sobre o autor

Reply