O teu móbil na casa en 60 minutos ou de balde

Unha das cousas que menos nos gusta á usuarias de mercar por Internet son os tempos de espera: mercamos algo e queremos telo connosco o antes posíbel. En certa maneira por iso diversas empresas como Amazon ou a propia Google están experimentando con sistemas que permitan a recepción de pedidos en horas, pero esta proposta que chega da India vai un paso máis aló.

Falamos de Blowhorn, unha empresa de paquetería que vén de pór en marcha unha iniciativa pola cal se compromete a enviar os teléfonos OnePlus One mercados en liña en menos de 60 minutos; caso de non chegar a tempo, sairanos de balde.

oneplus one

Esta agresiva oferta está dispoñíbel nun primeiro momento en Bangalore, unha das cidades máis importantes do país asiático que conta con preto de 8,5 millóns de habitantes, aínda que aspiran a poñela en marcha noutras cidades. Será este o futuro das compras en liña? Seguro que moitas agardamos algo así 🙂

Vía

Sobre o autor

Reply