A contagotas os OMV van anunciando a dispoñibilidade das redes 4G para uso dos seus clientes. O último en facelo é Simyo, que desde hoxe ten dispoñíbel este novo servizo para a súa clientela.
A operadora seguirá a empregar a rede de Orange, cuxo despregamento de 4G está a ir a bastante bo ritmo, chegando xa á totalidade das cidades do país e ás principais poboacións e concellos. En canto a tarifas, non cambian respecto ás que xa tiñan con 3G, con opcións configurábeis tanto por datos como por minutos a contratar, sendo a operadora que permite un axuste máis adaptado aos usos de cadaquén.
Con todo, as usuarias de Simyo deberán mudar de tarxeta SIM para por outra compatíbel co 4G, para o que poden pedir un duplicado (gratuíto) desde a área persoal ou chamando ao 121 desde o móbil Simyo.