HTC One A9: isto é o que sabemos del

Que non está a ser un bo ano para HTC é evidente, mais non por iso están dispostos a tirar a toalla. O vindeiro día 20 a compañía taiwanesa ten programado un evento no que fará oficial o seu novo smartphone, o HTC One A9, que chegará a tempo para a campaña de Nadal.

Como xa pasou con outros dispositivos da compañía, o HTC One A9 foi filtrado practicamente na súa totalidade. Trátase dun trebello de gama media con pantalla Full HD de 5 polgadas que no seu interior integra un procesador Qualcomm Snapdragon 617, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD. A batería é de 2150 mAh.

htc one a9 filtrado - 3

No apartado fotográfico, ao que HTC presta bastante atención nos seus trebellos, atopámonos cunha cámara principal de 13 megapíxeles e unha frontal de 4 con tecnoloxía ultrapíxel. E xa falando de software agardamos que saia con Android 5.1 – Lollipop, actualizábel a Android 6.0.

htc one a9 filtrado - 2

A falta de coñecer con detalle todas as características oficiais e o prezo, as imaxes que se foron vendo estes días confirman que estará dispoñíbel en diversas cores. Cal é a que máis vos gusta?

Sobre o autor

No Responses

Reply