O LG G4 actualizarase a Marshmallow a próxima semana

Cada vez que Google lanza unha nova actualización do seu sistema operativo xorden un par de preguntas: Vaise actualizar o meu smartphone? Cando? A resposta case sempre depende dos fabricantes, e case nunca gusta ás usuarias, pois na meirande parte dos casos hai que agardar meses polas novidades.

LG quere acotar estes tempos, e por iso vén de anunciar que o LG G4 recibirá a actualización a Android 6.0 – Marshmallow a vindeira semana, isto é, pouco despois que os Nexus, que sempre son os primeiros en recibir as novidades.

As primeiras usuarias en recibir as novidades serán as polacas, e a partir de aí comezará a expansión polo resto de países europeos, asiáticos e americanos, polo que debemos ser un pouco pacientes. Mentres tanto podedes botarlle un ollo á nosa review do LG G4, un dos mellores teléfonos do ano.

Sobre o autor

Reply