Xa dispoñíbel o ZTE V6 en rosa e dourado

Atopámonos en plena febre do ouro, cando menos no que a cores se refire. No último ano medrou considerabelmente a demanda das usuarias por trebellos en cores diferentes ao branco e negro habituais, sendo o dourado e o rosa das favoritas.

ZTE vén de anunciar que precisamente estas dúas cores, ouro e rosa, xa están dispoñíbeis para o seu ZTE Blade V6, un smartphone de gama media que destaca polo seu coidadísimo deseño, con apenas 6,8 mm de grosor, e o seu prezo, 229 euros.

ZTE_BladeV6_rosa

En canto a espeficiacións, o Blade V6 incorpora unha pantalla HD de 5 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,3 GHz e 64 bits, 2 GB de memoria RAM, 16 gb de memoria interna ampliábeis por microSD e cámaras de 13 e 5 megapíxeles.

Emprega Android 5.0 (Lollipop) e ofrece a posibilidade de empregar unha segunda tarxeta SIM no canto dunha microSD na mesma bandexa, para que cadaquén escolla que prefire.

As novas cores do Blade V6 súmanse ao gris metalizado, que xa estaba dispoñíbel. Pódense mercar no MediaMarkt e en El Corte Inglés. Ademais, pola compra do trebello as usuarias recibirán un cheque de 100 € de desconto canxeábel na contratación dun paquete vacacional con Halcón Viajes.

Sobre o autor

Reply