SPC Glee 10.1 3G: tablet 3G de baixo custo

A día de hoxe aínda resulta complicado atopar tablets que dispoñan de conectividade 3G a un prezo razoábel, aínda que aos poucos van aparecendo máis alternativas; unha delas é a nova SPC Glee 10.1 3G. Como se pode intuír do novo, o trebello incorpora unha pantalla de 10.1 polgadas e conectividade 3G (dual SIM) como principais características técnicas.

SPC Glee 10.1 3G - 1

Conta cun procesador Intel Atom X3-C3230RK, de catro núcleos a 1,2 GHz, acompañado de 1 GB de memoria RAM e uns escasos 8 GB de memoria interna, que poden ser ampliados mediante tarxetas microSD de até 32 GB. A pantalla é un panel de 10.1 polgadas con resolución 1020 x 600; a cámara principal ten 2 megapíxeles e a frontal é unha VGA. Finalmente, a batería é de 6000 mAh.

Con estas prestacións non podemos agardar que sexa un dispositivo potente e rápido, pero pode ser unha opción a ter moi en conta por que non queira gastar moitos cartos e precise unha tablet con 3G. Custa só 129 € e xa se pode mercar nos principais distribuidores.

Sobre o autor

Reply