Mininovas Android: a malla da semana

Como cada semana, recopilamos as pequenas pezas de información dos últimos sete días. Estas son as mininovas do 11 ao 17 de outubro.

Yahoo da o primeiro paso para eliminar os contrasinais

contrasinais

A solución que propón Yahoo é Key Account que funciona vinculando unha conta de Yahoo a un móbil. Unha vez feito, cada vez que iniciemos sesión en Yahoo, no smartphone aparecerá unha notificación que será a chave para autorizar o inicio de sesión ou non á conta de Yahoo.

Sen dúbida aínda queda moito para liberarnos dos contrasinais e non pensamos que este método sexa o definitivo, pero é un comezo.

Twitter despide ao 8% do persoal

twitter-logo

Esta semana coñecimos esta mala nova; 336 persoas van ser despedidas en Twitter. Este é un dos numerosos cambios que fará a nova equipa directiva da compañía con Jack Dorsey á cabeza, co gallo de reestructurar a empresa para facela máis competitiva.

A empresa asegura xenerosas indemnizacións e axuda para encontrar un novo traballo. Veremos cal é o futuro que lle agarda a unha empresa que non ten moi claro o seu modelo de negocio.

Teremos un One Plus X o 29 de outubro

OnePlus

A finais de mes coñeceremos o novo terminal de One Plus, o One Plus X que basicamente é o irmán pequeno do One Plus Two. A presentación será na India, New York, San Francisco, Reino Unido, China e Indonesia.

Polo que se leva filtrado, agardamos un terminal de 5 polgadas, procesador Snapdragon 801, 2 GB de RAM, e mesmo chip NFC. Sexa como fór, o día 29 sairemos de dúbidas.

A OTA de Marshmallow chega de xeito oficial aos Nexus

Android Marshmallow 01

Estes días, tanto os Nexus 5 e 6, coma as Nexus 7 e 9 e mesmo o Nexus Player están recibindo a actualización á última versión de Android, que foi recentemente presentada. Se sodes posuidoras destes modelos podedes buscar a actualización de xeito manual desde os “axustes” do voso terminal.

ZTE comercializará terminais baixa a fórmula do leasing

ZTE-Axon-Elite-1

Non deixa de ser unha fórmula novidosa neste mercado, aínda que ZTE non son os primeiros en empregala (logo de Apple e Samsung).

Polo de agora só os terminais Axon poderán mercarse cunha cota fixa coa garantía de renovar o móbil ao rematar o contrato, ou pagar o que resta do terminal e quedar con él. Polo de agora, non coñecemos os detalles do contrato pero de seguro é unha boa opcións para moitas de vos.

Ademáis…

Estes días estamos a probar:

  • A Vodafone Tab Prime 6
  • ChatSIM, unha sim para usar o Whatsapp
  • E o Samsung Galaxy S6 Edge+

Se queredes que cando publiquemos o artigo sobre estas equipas fagamos fincapé nalgún aspecto concreto ou algúnha dúbida en particular, deixádea nos comentarios deste artigo que será respostada cando publiquemos a análises destes dispositivos.

Sobre o autor

Reply