Meizu Metal, o novo da compañía chinesa

Mais unha vez Meizu volve acaparar as miradas. Logo de termos falado hai uns días do Meizu M2 4G, hoxe tócanos presentar o Meizu Metal, un trebello de gama media con acabados premium e algunha que outra característica que até hai ben pouco ficaba reservada ás gamas altas, como a presenza do lector de pegadas dixitais.

Como reza o seu nome, o Meizu Metal está fabricado en metal, un material que xunto o cristal e o coiro é sinónimo de maior calidade ou detalles coidados. Pero ademais ten un deseño máis pulido que outros dispositivos da compañía, o que axuda aínda máis a evidenciar esa calidade diferenciadora do trebello.

meizu metal - 2

Especificacións técnicas

  • Pantalla de 5,5 polgadas con resolución FullHD.
  • Procesador MediaTek Helio X10 (8 núcleos a 2 GHz).
  • 2 GB de memoria RAM.
  • 16 ou 32 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 128 GB).
  • Cámara principal de 13 megapíxeles con f/2.2.
  • Cámara frontal de 5 megapíxeles.
  • Lector de pegadas dixitais.
  • Batería de 3140 mAh.

En canto a sistema operativo, leva Flyme OS 5.0, que como comentamos hai uns días é un fork de Android baseado en 5.1 Lollipop e con compatibilidade plena das aplicacións.

meizu metal - 3

Está dispoñíbel en varias cores por uns 150 euros a versión de 16 GB e sobre 180 euros a de 32 GB, prezos moi atractivos para as especificacións que manexa. Que vos parece?

Sobre o autor

Reply