O Huawei P8 Max coas súas 6,8 polgadas, xa dispoñíbel no noso país

O Huawei P8 Max non é un teléfono para todos os petos, e non por cuestións de prezo, senón de tamaño. E é que as súas 6,8 polgadas de pantalla fan del un smartphone grande, máis próximo a unha tablet e orientado a un público que busca un dispositivo moi concreto que satisfaga as súas necesidades.

No apartado de especificacións, ademáis da pantalla de 6,8 polgadas con resolución FullHD 1080p e protección Gorilla Glass 4, temos un procesador Kirin 930 (64 bits e oito núcleos), 3 GB de memoria RAM, 64 ou 128 GB de memoria interna e cámaras de 13 e 5 megapíxeles.

A batería é de 4360 mAh, ten espazo para dúas tarxetas SIM (microSIM + nanoSIM), NFC e conectividade 4G. En canto a sistema operativo, vén con Android 5.0 e a interface EMUI 3.1.

O Huawei P8 Max pódese mercar no noso país por 649 €, na súa versión de 64 GB de memoria.

Sobre o autor

Reply