Hai uns meses Google anunciou que estaba a traballar coas diferentes aplicacións de mensaxería para ampliar as posibilidades que ofrecen os comandos de voz de Google Now. Esta funcionalidade, que xa estaba dispoñíbel en inglés, amplía agora a listaxe de idiomas compatíbeis, incluíndo entre outros o español.
Deste xeito, as usuarias de Android e de reloxos Android Wear podemos empregar o comando “Ok Google” para mandar mensaxes de WhatsApp, Hangouts, Telegram, Viber, WeChat e NextPlus, aínda que máis adiante tamén será posíbel facelo con outras aplicacións.
As accións de voz que deberemos usar moi sinxelas; bastará dicir “Ok Google, enviar (WhatsApp, Hangouts…) a NomeDoContacto ContidoDaMensaxe”.
No caso de que o contacto en cuestión teña varias contas ou teléfonos dispoñíbeis, ofreceranos a posibilidade de elixir a cal envialo; e todo ilo sen ter que tocar o móbil coas mans (ou nin sequera sacalo do peto se usamos Android Wear).
Que vos parece?